Publicador de contidos
Publicador de contidos

A etiquetaxe dos envases de uso doméstico deben indicar en que colector hai que depositalos

A etiquetaxe dos envases de uso doméstico deben indicar en que colector hai que depositalos

Entre as confusións máis comúns son as latas de conserva

Co 2025 entrou en vigor a nova normativa de envases de uso doméstico para facilitar a súa reciclaxe

G24.gal 03/01/2025 20:25

Seleccionar un colector cando se queren reciclar envases pode ás veces xerar dúbidas. Entre as confusións máis comúns son as latas de conserva. "A xente cando remata unha lata de atún ás veces queda aceite e deposítana no colector de restos en vez de facelo no amarelo", comenta Bruno López de Llano, xestor de Ecoembes en Galicia.

Co 2025 entrou en vigor a nova normativa de envases de uso doméstico para facilitar a súa reciclaxe. As etiquetas teñen que indicar o colector onde deben ser depositados: amarelo, verde, marrón ou azul. "O obxectivo é facilitar aos cidadáns a recollida para aumentar as taxas de recollida selectiva de residuos que é un dos grandes cabalos de batalla que nos manda a Unión Europea", sinala Bruno López de Llano.

O novo etiquetado deberá aparecer enmarcado, ser visible e de fácil lectura. Tamén será obrigatorio indicar que o envase é reutilizable. Amais co paso do tempo os envases poderán incluír frases que inciten a ser respectuosos co medio ambiente. 

É unha das medidas recollidas no Real Decreto de envases e residuos de envases aprobado por España en 2022 que se adiantou ao novo regulamento europeo. Busca avanzar en reciclar, reutilizar e reducir. "Eses materiais que se recuperan nas plantas de tratamento tanto en Sogama como Nostián ou Barbanza poden ser novos envases. Isto permite o consumo menor de recursos naturais que tan difícil está de conquerirse. E o planeta que temos é un, non temos máis", apuntan desde Ecoembes, organización dedicada principalmente á reciclaxe de residuos de envases domésticos en España.   

A nova norma exclúe polo de agora os envases destinados a uso comercial e industrial, pero o seu obxectivo último é ambicioso: que todos os envases se poidan reciclar para o 2030.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade