Publicador de contidos
Publicador de contidos

A construción en madeira elimina a pegada de carbono e reduce os prazos de execución da obra

A construción en madeira elimina a pegada de carbono e reduce os prazos de execución da obra

Especialistas convocados pola Axencia Galega da Industria Forestal analizan as vantaxes e os custos da construción en madeira

G24.gal 09/12/2024 14:42

É un material natural, reciclable e capaz de secuestrar carbono. Permite ademais prefabricar as compoñentes, así que a madeira ten múltiples vantaxes para a construción.

"A madeira é un material que, ao fabricarse nunha industria, tes unha menor exposición os riscos vencellados á construción: prazos e dispoñibilidade de man de obra", di José Antonio de Pedro, director dunha promotora de vivenda sostible.

Calcula que esas compoñentes prefabricadas en madeira permiten reducir cousa dun 30 % o tempo da obra, comparado coa construción convencional en formigón. 

Acurtar os prazos é unha urxencia se falamos da construción de vivenda, e por iso a madeira empeza a ser protagonista nas promocións de obra pública. Collemos o exemplo do Instituto Municipal da Vivenda de Barcelona: cinco dos seis proxectos que licitaron nos últimos anos son construcións en madeira. 

"Pediamos dous requisitos: rapidez e pegada de carbono baixa -di o técnico Josep Manich- e saíu a madeira a tope", explica. 

Un deses proxectos é 'Terrazas para a vida', un edificio de oito plantas que será o máis alto do estado construído en madeira. Explica o seu autor, o arquitecto Daniel Ibáñez, que levantaron a estrutura en cousa de mes e medio. 

E iso grazas á industrialización das compoñentes: "A madeira logrou desenvolver unha serie de tecnoloxías moi sofisticadas -explica- fundamentalmente eses grandes muros estruturais, que serven para facer muros de carga, forxados ou fachadas". 

Neste caso, é unha industria galega a que lles subministrou esas compoñentes, así que a aposta pola madeira na construción xera valor engadido aquí. 

"Está demostrado que por cada euro que invistes nun produto de madeira en construción, hai outro euro que repercute na cadea de valor", di Jacobo Aboal, director da Axencia Galega da Industria Forestal. "Se usas materia prima local, ese euro multiplícase por dous", engade.

E lembra que hai un compromiso para que a obra pública tire da construción en madeira. Calculan que hoxe ten ese uso só un 6 % da madeira galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar