En 2025 poden retirarse as achegas a plans de pensións con dez anos de antigüidade
En 2025 poden retirarse as achegas a plans de pensións con dez anos de antigüidade
A medida afecta ás achegas feitas ata o un de xaneiro de 2015, pode retirarse o capital principal e os rendementos obtidos ata ese momento
Os expertos aconsellan facer retiradas fraccionadas para non incrementar a base do IRPF, xa que tributan como rendas do traballo
Uns 64.000 millóns de euros, o 51% do capital depositado hoxe en día en plans de pensións en España, podería acollerse a esta medida
Ata agora só se podían facer retiradas dos plans de pensións cando se chegaba á xubilación ou en casos como falecemento, incapacidade, enfermidade grave, paro de longa duración e afectados por catástrofes. Dende o pasado 1 de xaneiro hai outra excepción para o rescate: que os fondos teñan máis de dez anos, sen máis condicións.
Unha vía para obter liquidez inmediata en caso de necesidade, pero que cómpre pensala con calma, xa que o diñeiro retirado tributa coma unha renda de traballo e está suxeita ao mesmo tipo de IRPF de cada contribuínte.
Outro consello a ter en conta é non retiralo todo xunto, porque sobe a base impoñible e acaba pagando máis impostos. Os fondos anteriores a 2006 poden acollerse a unha redución do 40 por cento na tributación.
Calcúlase que hai agora en España 126 mil millóns de euros en plans de pensións individuiais. O 51 por cento, e dicir algo máis da metade, teñen máis dunha década e puideran xa que logo retirarse desde este mesmo momento.