Publicador de contidos
Publicador de contidos

Facenda suspende a devolución do IRPF aos mutualistas

Facenda suspende a devolución do IRPF aos mutualistas

Os xubilados que cotizaron como mutualistas terán que volver solicitar a devolución do IRPF cada ano

G24.gal 30/12/2024 16:18

Malas noticias para os pensionistas que cotizaron como mutualistas, que ata agora podían pedir a devolución do IRPF por un exceso na tributación.

Facenda deixa sen efecto as solicitudes presentadas e os que queiran reclamar os seus cartos terán que empezar de cero. E non só iso, tampouco cobrarán dunha soa vez, senón de forma progresiva durante os próximos 4 anos.

Sen previo aviso, a Axencia Tributaria modifica as condicións e introduce un cambio legal que anula as solicitudes rexistradas ata o momento. É dicir, que a data de 22 de decembro todas as solicitudes pendentes de completar o trámite e de liquidación quedan en papel mollado.

Hai que comezar de cero e cun matiz importante: xa non se poderá pedir o reintegro conxunto dunha soa vez, terá que facerse durante os próximos 4 anos en cadansúa declaración da renda.

Calcúlase que cada un dos antigos mutualistas ten dereito a que lle devolvan entre 3000 e 4000 euros.

En Galicia son preto de 350.000 persoas.

Dende marzo, a Axencia Tributaria cifra en máis de 1300 millóns de euros os reintegros xa abonados, aínda que non achega datos de cantas solicitudes restan por resolver, polo que a contía se estima moi superior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade