A idade legal de xubilación sobe aos 66 anos e 8 meses en 2025
A idade legal de xubilación sobe aos 66 anos e 8 meses en 2025
Para xubilarse aos 65 anos haberá que ter cotizados 38 anos e tres meses ou máis
As mulleres xubiláronse de media aos 65,6 anos e os homes aos 64,8 anos
Na xubilación anticipada, a idade media sobe a 64 anos se é voluntaria e baixa a 62,8 anos para a non voluntaria
A partir do 1 de xaneiro os traballadores que queiran xubilarse co 100 % da pensión terán que ter 66 anos e 8 meses cumpridos, aínda que a xubilación sen penalización seguirá sendo posible aos 65 anos se se contan con 38 anos e 3 meses cotizados á Seguridade Social.
A reforma do sistema de pensións de 2011, acordada polo Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero con patronal e sindicatos, estableceu a subida progresiva da idade ordinaria de xubilación de 65 a 67 anos, aínda que mantivo a posibilidade de retirarse aos 65 anos para carreiras máis longas de cotización.
A norma estableceu un período transitorio desde 2013 ata 2027 para elevar a idade de xubilación, na que tamén se especifican os anos que hai que ter cotizados para poder seguir xubilándose aos 65 anos sen redución na pensión.
Os que se xubilan neste2024, precisaban ter cumpridos 66 anos e 6 meses ou ter 65 e 38 ou máis anos cotizados.
No 2025 haberá que ter 66 años e 8 meses ou 65 anos e 38 anos e 3 meses ou máis cotizados.
No 2026 precisaranse ter cumpridos 66 años e 10 meses ou 38 anos e 3 meses ou máis cotizados.
No 2027 remata o periodo transitorio. Para xubilarse co 100% é preciso ter 67 anos. Para xubilarse aos 65 é preciso ter cotizados 38 anos e 6 meses ou máis.
As mulleres xubílanse máis tarde que os homes
A idade efectiva de xubilación subiu 1,1 anos na última década e chegou aos 65,2 anos en 2024, unha media que no caso das mulleres sobe a 65,6 anos, mentres que para os homes baixa a 64,8 anos.
No caso da xubilación anticipada, a idade media sobe a 64 anos se é voluntaria e baixa a 62,8 anos para a non voluntaria.