Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan con vida un montañeiro leonés que se perdeu hai catro días nos Picos de Europa

Atopan con vida un montañeiro leonés que se perdeu hai catro días nos Picos de Europa

Un helicóptero medicalizado evacuou o mozo ata o hospital

G24.gal 27/12/2024 15:46 Última actualización 27/12/2024 16:14

Unha aeronave das que participa no operativo de busca atopa con vida o montañeiro leonés desaparecido nos Picos de Europa a comezos da semana.

O mozo, de 23 anos, estaba no macizo central da cordilleira, no lugar coñecido como Jou dos Boches. Un helicóptero medicalizado evacuouno ata o hospital.

Os servizos de emerxencias do Principado e Cantabria buscaban o mozo desde o pasado mércores, 25 de decembro, cando o seu irmán avisou o 112 de que non tiña noticias del desde o luns 23.

Tras dous días sen localizalo, o dispositivo renovouse este venres á primeira hora da mañá coa participación de efectivos de GREIM da Garda Civil de Asturias e Cantabria, así como integrantes dos servizos de emerxencias que, ademais de por terra, rastrexaron a cordilleira por aire con drons e helicópteros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade