Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cargador universal de móbiles será obrigatorio de xeito definitivo a partir deste sábado

O cargador universal de móbiles será obrigatorio de xeito definitivo a partir deste sábado

Segundo as estimacións da Comisión Europea, a introdución do cargador común permitirá aforrar ata 250 millóns de euros anuais

Tamén reducirá en grande medida as 11.000 toneladas de residuos electrónicos que se xeran cada ano

G24.gal 27/12/2024 21:05 Última actualización 27/12/2024 21:19

O cargador universal faise realidade a partir deste sábado en toda a Unión Europea. Os teléfonos móbiles, tabletas e cámaras dixitais deberán incorporar un porto de carga USB de tipo C. As vantaxes son económicas e tamén ecolóxicas para reducir o lixo tecnolóxico. 

Segundo as estimacións da Comisión Europea, a introdución do cargador común permitirá aforrar ata 250 millóns de euros anuais en compras innecesarias e reducirá en grande medida as 11.000 toneladas de residuos electrónicos que se xeran cada ano.

O barullo de cables e conectores para cargar os móbiles chega á súa fin para satisfacción dos consumidores. Esta modificación afecta tamén ás tabletas, cámaras dixitais, auriculares, altofalantes inalámbricos e accesorios como teclados, ratos e dispositivos de navegación portátiles. 

Pero que sabemos reciclar de xeito responsable o lixo dixital? Algúns din que adoitan levar os aparellos ao punto limpo pero isto non é o habitual. A maioría da xente garda os teléfonos e cargadores antigos alimentando unha dióxenes tecnolóxica case contaxiosa.

Quen sabe, quizais algún día teñamos que sacar esas reliquias dixitais do noso rocho para facer a chamada máis importante das nosas vidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade