Cargando resultados...
Soben a 224 as vítimas mortais da DINA tralo falecemento dunha muller ingresada no hospital
Soben a 224 as vítimas mortais da DINA tralo falecemento dunha muller ingresada no hospital
A nova vítima mortal é unha muller de 79 anos que estaba ingresada no hospital
Mantense en 3 o número de persoas que seguen desaparecidas nove semanas despois da catástrofe.
G24.gal
03/01/2025 20:33
A cifra de persoas mortas polas riadas da dana do pasado 29 de outubro na provincia de Valencia subiu este venres a 224, tras o falecemento dunha muller de 79 anos nun centro hospitalario.
Mantense en 3 o número de persoas que seguen desaparecidas nove semanas despois da catástrofe.
O Centro de Integración de Datos (CID) actualizou hoxe o balance de vítimas mortais e de expedientes activos de desaparición, que desde o pasado 12 de decembro, hai 22 días, mantívose invariable en 223 persoas falecidas.