Moncloa intenta rebaixar a tensión con Venezuela, que mantén silencio sobre o estado dos dous españois detidos
Moncloa intenta rebaixar a tensión con Venezuela, que mantén silencio sobre o estado dos dous españois detidos
Moncloa intenta rebaixar a tensión con Venezuela, que mantén silencio sobre o estado dos dous españois detidos
Pedro Sánchez di que defenderá a democracia en Venezuela e insiste en pedir as actas electorais
Feijóo saúda que dirixentes socialistas comecen a tachar o goberno de Maduro de ditadura
Silencio sobre o estado de José María Basoa e Andrés Martínez. Seguen en mans da policía venezolana, acusados de terrorismo por participar nun suposto plan para asasinar a Maduro. Négao categoricamente España, pero o chavismo non cambia o discurso. Insiste en que o CNI secunda un plan da CIA para derrocar o réxime. E mesmo sostén que os dous españois detidos confesaron que formaban parte deste operativo.
Este episodio tensa aínda máis as relacións entre Madrid e Caracas. Pero desde Moncloa intentan rebaixar tensión. Pedro Sánchez asegura que defenderá a democracia en Venezuela e insiste en pedirlle as actas electorais, pero, de momento, non prevé dar outro paso máis. Na oposición, Feijóo segue apertando. Saúda que destacados dirixentes socialistas como Margarita Robles ou Josep Borrel tachen de ditadura o Goberno de Maduro e lamenta a falta de información sobre os dos españois detidos.
O líder do PP recibirá mañá no Congreso a Edmundo González tras o seu recoñecemento como presidente lexítimo. O mesmo día en que o Parlamento Europeo vai comezar esa mesma discusión. A votación será o xoves. A oposición venezolana ten claro que a detención dos dous españois é para convertelos en reféns.