Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez di que vai deixar a pel para chegar a acordos coa oposición

Sánchez di que vai deixar a pel para chegar a acordos coa oposición

O presidente do Goberno compareceu no Congreso ante os seus deputados e senadores

Sumar presenta en público as súas propostas para os presupostos xerais do Estado

O PP presentará unha proposta de lei de Conciliación que incluirá a gratuidade das escolas infantís en toda España

G24.gal 16/09/2024 15:01

"Vou deixar a pel para que a axenda de progreso siga avanzando", así relanzaba Pedro Sánchez o novo curso político ante os seus deputados e senadores, consciente da difícil aritmética parlamentaria.

Para o presidente do Goberno "é evidente que hai Goberno para longo e toca sentarse a negociar". O Goberno perdeu xa 34 votacións no Congreso dende que se iniciou a lexislatura. Por iso, Sánchez pediulle aos seus deputados que se abran  "ás ideas e necesidades doutras forzas políticas" sen "esquecer" as do PSOE.

No horizonte está a negociación máis importante para un goberno, a dos presupostos xerais. Pero antes ten que chegar a un acordo co socio da coalición. Sumar presentou este luns as súas propostas, entre as que se inclúen unha reforma fiscal e unha axuda de 200 euros por fillo.

No acto de presentación, Yolanda Díaz, rodeada dos ministros do seu partido, asegurou que "Sumar está no Goberno de España porque sabemos que España quere máis".

Tamén inclúen medidas en materia de vivenda. Entre elas, bloquear as axudas ás comunidades autónomas que non cumpran coa lei.

A pesar das diferenzas, os socios son optimistas. Carlos Cuerpo, ministro de Economía, é consciente de que "non vai ser unha negociación fácil, pero estamos ao inicio da mesma" e insistiu en que o executivo tratará de ter uns presupostos para o ano que vén "en tempo e forma".

Non vai ser doado, porque os socios habituais no Congreso recean de Pedro Sánchez. O voceiro de Podemos, Pablo Fernández, agarda a ver "se eses presupostos xerais van en serio ou é unha escenificación máis das que nos ten acostumados Pedro Sánchez, que, a día de hoxe, máis que un Goberno parece que ten unha produtora cinematográfica".

Tanto Podemos, como tamén o principal partido da oposición, acusan o Goberno de inacción.
Alberto Núñez Feijóo cre que o executivo "está, lamentablemente, renunciando a lexislar porque non ten a maioría do Congreso dos Deputados" e insta os seus a "suplilo". 

O PP vai presentar este mes no Congreso unha proposta de lei para que as escolas infantís sexan gratuítas en toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade