Publicador de contidos
Publicador de contidos

Támara Echegoyen despídese das súas opcións de medalla

Támara Echegoyen despídese das súas opcións de medalla

A galega, con Paula Barceló, quedou fóra da Medal Race ao rematar na décimo terceira posición

Gañaron a última regata, pero non lles serviu para entrar na loita polos metais

Támara Echegoyen e Paula Barceló, na competición olímpica. EFE Támara Echegoyen e Paula Barceló, na competición olímpica. EFE
G24.gal 31/07/2024 17:58

Támara Echegoyen espertou do seu soño sen que rematara. As opcións de medalla esvaecéronse e a dupla da galega e de Paula Barceló non estarán na Medal Race. Entraron as dez primeiras, e as españolas remataron a competición na décimo terceira posición.

A ourensá non puido repetir o éxito logrado en Londres e colgar o seu segundo ouro ao pescozo. Non haberá opción nin de loitar por un cuarto posto como os que acadou nas súas últimas dúas participacións olímpicas. 

Támara Echegoyen vaise coas mans baleiras no ano en que foi abandeirada. A galega tentouno, pero non puido ser. Con este resultado, remata a súa participación nos Xogos Olímpicos de París, nos que foi unha das caras visibles de España na gran cerimonia de apertura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade