Támara Echegoyen comeza lonxe dos primeiros postos
Támara Echegoyen comeza lonxe dos primeiros postos
A galega conseguiu tres discretos resultados e comeza no penúltimo posto no 49er FX
Non comezou ben a participación de Támara Echegoyen e de Paula Barceló no 49er FX. O barco da galega non estivo coas mellores nas tres primeiras probas e terá que remontar se quere ter algunha opción de chegar á Medal Race.
A regata inaugural xa foi mala cun 19º posto, resultado que terá que descartar. As outras dúas tampouco foron moito mellores e asinou un 15º e un 14º, moi lonxe das previsións iniciais nas que agardaba ter posibilidades de pelexar entre as dez primeiras.
Na clasificación xeral ocupan o penúltimo posto, só mellor que a parella australiana. Acumulan 29 puntos e as medallas están en 7. Lidera a clasificación os Países Baixos con dous primeiros postos con Francia e Alemaña nas posicións de privilexio. As favoritas, as brasileiras Grael e Kunze, ocupan a quinta posición a só catro puntos dos metais.
A mellor nova para Echegoyen é que aínda quedan nove regatas nas que só pode mellorar o feito nesta tirada inaugural.