Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mingueza foi titular na vitoria de España sobre Suíza (3-2)

Mingueza foi titular na vitoria de España sobre Suíza (3-2)

O xogador do Celta actuou como lateral dereito no seu segundo partido de titular coa selección absoluta

G24.gal 18/11/2024 21:35 Última actualización 18/11/2024 22:31

Óscar Mingueza foi titular na vitoria de España sobre Suíza (3-2) co que se puxo punto e final á fase de grupos da Liga das Nacións. Agora a selección española afrontará a rolda de cuartos de final como primeira de grupo. 

Era unha posición que xa tiña garantida fose cal fose o resultado deste último partido. A festa canaria resultou completa co gol de Yeremy Pino no primeiro tempo ao aproveitar o rexeite dun penalti tirado por outro canario como Pedri. 

Na segunda metade conseguiu empatar Suíza cun tanto de Monteiro pero Bryan Gil, o xogador que entrou na lista pola lesión de Lamine Yamal, marcou o 2-1 a un cuarto de hora do final. 

Quedaba o máis entretino para o final. A cinco do remate Fabián cometeu un penalti que non desaproveitou o suizo Andi Zeqiri para poñer o 2-2. E no engadido o extremo do Osasuna Brian Zaragoza forzou outro penalti que el mesmo transformou no definitivo 3-2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade