Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nai da vítima de violencia machista de Valadares: "Simulou a súa morte para poder sobrevivir"

A nai da vítima de violencia machista de Valadares: "Simulou a súa morte para poder sobrevivir"

Foi queimada polo seu exmozo e sobreviviu grazas a simular a súa morte

G24.gal 22/11/2024 14:46

Nas últimas horas prestou declaración no xulgado de violencia machista de Vigo, Yohana, a muller de Valadares que foi queimada pola súa exparella o pasado 14 de setembro ás portas da súa vivenda.

Simulou a súa morte para poder sobrevivir. Hoxe puidemos falar coa súa nai. Yohana pasou un mes en coma inducido e outro en planta. Ten importantes secuelas, cústalle moverse e tiveron que facerlle varias intervencións e varios inxertos de pel. Precisa de axuda para vestirse e estará convalecente polo menos un ano máis. Tivo que pechar a cafetería que rexentaba no barrio vigués de Regueiro.

A última agresión en que o seu exmozo pensou que a matara é a culminación duns malos tratos e persecución na casa e ás portas do traballo. A súa familia está convencida de que tamén foi el quen lle queimou o coche.

 O home xa en prisión provisional, ten atencedentes por tenza de armas e as forzas da orde tamén o deteran e o investigaran en relación coa morte coa súa pistola doutra compañeira sentimental. Aínda que a investigación concluíu que se trataba dun suicidio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade