Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe programa 508 servizos de bus pola interrupción de trens na Coruña por obras

Renfe programa 508 servizos de bus pola interrupción de trens na Coruña por obras

Ademais, para garantir do 9 ao 14 de decembro todas as circulacións de trens de baixo custo Galicia-Madrid, o Avlo da Coruña circulará desviado por Vigo, con parada en todas as estacións

O traxecto entre Santiago, A Coruña e Ferrol por estrada

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 22/11/2024 15:30

A compañía informou este venres de que se ofrecerá un servizo alternativo por estrada para os trens AVE A Coruña-Madrid e Alvia Ferrol-Madrid e A Coruña-Barcelona.

Renfe programou 508 servizos de autobús para facilitar a mobilidade na estación de tren da Coruña pola interrupción prevista do 9 ao 14 de decembro polas obras de Adif da intermodal.

Ademais, para garantir do 9 ao 14 de decembro todas as circulacións de trens de baixo custo Galicia-Madrid, o Avlo da Coruña circulará desviado por Vigo, con parada en todas as estacións.

Desta maneira, realizarase o traxecto entre Santiago, A Coruña e Ferrol por estrada.

Renfe prestará o servizo con 508 autobuses e microbuses e 110 taxis extra para posibilitar a chegada a destino dos clientes dos trens de Longa Distancia que conectan con Madrid e haberá cambios nos trens de Media Distancia e Avant.

Os traballos que obrigan a interromper a circulación de trens en San Cristóbal son os correspondentes á remodelación da estación para convertela en intermodal.

Algo similar ocorreu en setembro, cando tamén se ofreceu unha alternativa por estrada polas obras. Ante estas modificacións puntuais, Renfe recomenda aos clientes consultar con antelación os horarios dos seus trens.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade