Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adif calcula que tardará "entre quince días e tres semanas" en recuperar a conexión Madrid-Valencia por AVE

Adif calcula que tardará "entre quince días e tres semanas" en recuperar a conexión Madrid-Valencia por AVE

O ministro de Transportes afirma que a situación da rede ferroviaria de proximidade "é gravísima", cuns 80 quilómetros "completamente esnaquizados"

Óscar Puente estima que tardarán "meses" en volver operar por completo os trens de proximidade en Valencia

Tráfico pídelle á cidadanía que non viaxe á provincia de Valencia durante a ponte de Santos
 

Foto: Adif
G24.gal 31/10/2024 10:58

O xestor da infraestrutura ferroviaria, Adif, non poderá recuperar a operatividade das vías que enlazan Madrid con Valencia polo menos ata dentro de 15 días ou tres semanas, porque a infraestrutura está moi danada e colapsaron dous túneles, o de Chiva e o de Torrent.

Nunha conferencia de prensa en Madrid para explicar o estado das infraestruturas de transporte, o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, sinalou que os traballos de recuperación das vías esixirán polo menos dúas ou tres semanas.

A situación da rede ferroviaria de proximidade é tamén "gravísima" porque das cinco liñas, tres (C1, C2 e C3) "están desaparecidas" e "non contamos con elas polo menos no curto prazo", porque están en "zona cero", cuns 80 quilómetros "completamente esnaquizados".

Segundo o ministro tardarán "meses" en volver a operar por completo os trens de proximidade en Valencia.

As liñas de proximidade C5 e C6 están en condicións de poñerse en circulación, pero non se fará ata que as condicións atmosféricas así o aconsellen e en función das recomendacións de mobilidade. 

A DXT pide evitar desprazamentos á provincia de Valencia durante a ponte

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) solicita á cidadanía que non se desprace á provincia de Valencia durante a ponte de Todos os Santos xa que moitas das estradas desta zona non están habilitadas para circular debido á DINA.

Segundo informa a DXT, os carrís que se vaian abrindo á circulación son de uso prioritario para os servizos de emerxencia e para a provisión de bens e servizos aos municipios afectados.

Dende Tráfico lembran que a DINA non finalizou e que este xoves continúan os avisos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) por choiva con nivel laranxa en Castelló e Tarragona e aviso amarelo no suroeste de Andalucía e Estremadura. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar