Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Semana Europea da Prevención de Residuos busca concienciar para reducir o desperdicio alimentario

A Semana Europea da Prevención de Residuos busca concienciar para reducir o desperdicio alimentario

Sogama publica unha guía didáctica para axudar a reducir o desperdicio alimentario

O fogar é o que xera o maior desperdicio alimentario
G24.gal 22/11/2024 14:39

Botamos moita comida ao lixo?

"Moito non, pero algunha sempre, xa sabes, algunha si"; "Eu non tiro nada, nada", "Eu procuro aproveitar todo, non está a vida para tirar", comentan unhas mulleres.

Sobre todo sabendo que hai quen o precisa. 

 "Uns que tiren e outros que pasen fame, iso paréceme moi triste"; "Dáme moita mágoa que desperdiciemos como se desperdicia, pero moita, moita".

O fogar é o ámbito onde máis comida se bota a perder. Moitas veces estrágase por desorganización, almacenamos de máis e os produtos caducan.

"Sobre todo no conxelador, que ás veces aquelo é facer arqueloxía, atopas cousas alá ao fondo que non sabes que o tiñas e non sabes o tempo que levan aí"; "Porque o colocas e, se non sacas o de atrás para adiante, ese é para min o problema".

A clave é planificar os menús semanais e mercar en función do número de comensais.

"En lugar, ao mellor, mercar ao tuntún, pois pensar isto vouno comer, isto é un capricho que collo e despois queda aí".

Cociñar menos cantidade ou facer menús de aproveitamento tamén axuda a evitar o desperdicio.

"Cando sobra o cocido, pois fago as croquetas"; "Sóbrache un anaco de carne? Facemos unha tapa de calquera cousa", apunta un hostaleiro.

"Sempre que teño algo de tempo e podo guisar ou cociñar cantidades pequenas, non potas grandes, se queda algo intento metelo na neveira e aos dous ou tres días seguintes comelo; se queda bastante, conxelalo, pero cada vez intento reducir máis porque me dá moita pena tirar a comida", explica un home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade