A Eurorrexión busca mellorar a prevención e a atención de patoloxías cardíacas
A Eurorrexión busca mellorar a prevención e a atención de patoloxías cardíacas
O proxecto transfronteirizo New Heart, liderado polo cardiólogo José Ramón González Juanatey, trata de aplicar un proceso asistencial integral e homoxenizar a atención aos pacientes de Galicia e o Norte de Portugal
O 80 por cento dos problemas cardíacos prematuros pódense previr con hábitos de vida saúdables. Concienciar a poboación é un dos obxectivos do proxecto New Heart que ademais promoverá un proceso asistencial integral para abordar a cardiopatía isquémica, o doenza coronaria con máis prevalencia tanto en Galicia como no norte de Portugal.
Outro dos retos é homoxenizar a atención dun lado e outro da raia e impulsar a innovación e unha atención máis personalizada dos pacientes de cardioloxía. O proxecto, cun orzamento de máis de 2,7 millóns de euros, alongarase ata decembro de 2026.