Publicador de contidos
Publicador de contidos

López Campos aposta por un "grande acordo" pola lingua

López Campos aposta por un "grande acordo" pola lingua

Pediu un clima de diálogo entre todas as forzas políticas

Mantivo unha reunión co presidente da Real Academia Galega para abordar a situación do galego

G24.gal 22/11/2024 14:34

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude insiste na necesidade dun grande acordo para a recuperación da lingua galega. José López recoñeceu que a situación actual obriga a reformular a estratexia en materia lingüística, e por iso pediu un clima de diálogo entre todas as forzas políticas para recuperar un galego forte. Esta mañá, mantivo un encontro co presidente da Real Academia Galega, quen destacou a necesidade de atopar un espazo de encontro e eliminar o decreto do plurilingüismo.

"A nós o que nos preocupa moito, e que obriga a unha reflexión, é que rapaces e rapazas que son galegofalantes na casa, cando chegan á escola e volven da escola, volven falando castelán. Algo pasa", destacou o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, apuntou: "Debemos repensar a estratexia en materia lingüística. É importante que o clima (político) permita sentarnos nunha mesa falar, dialogar e chegar a acordos. Esa é a necesidade e o obxectivo que nos temos que marcar". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade