Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta defende que as competencias en galego están acreditadas

A Xunta defende que as competencias en galego están acreditadas

Di que os alumnos obteñen as mesmas notas en galego que en castelán

Admite que hai que fomentar o uso social pero subliña que é contraria ao monolingüismo

G24.gal 17/11/2024 13:40

Na Xunta defenden que as competencias en galego no ámbito educativo están acreditadas, que os alumnos obteñen de media as mesmas notas en galego que en castelán.

O conselleiro de Cultura, nunha visita ao instituto Antonio Fraguas de Santiago, onde se estaban desenvolvendo as probas do Celga 4, admitiu, porén, que hai que fomentar o uso social do galego e mostrou a súa disposición a negociar as políticas que o impulsen.

José López Campos subliñou, no entanto, que a Xunta é contraria ao monolingüismo.

"Eses modelos xa existen noutras comunidades autónomas e os resultados non son mellores. Teño que dicir, aínda que a alguén lle custe entendelo -pero é certo- que Galicia é a comunidade autónoma con lingua cooficial que máis uso ten do seu idioma, máis que Cataluña, máis que o País Vasco", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar