Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os especialistas en violencia de xénero cren que con axudas máis eficaces para as vítimas non habería mortes

Os especialistas en violencia de xénero cren que con axudas máis eficaces para as vítimas non habería mortes

A avogada Yolanda Borrás insiste na necesidade de máis axentes de seguridade para preservar que se cumpran as ordes de afastamento e as vítimas se sintan seguras

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia/Arquivo
G24.gal 16/11/2024 18:56 Última actualización 16/11/2024 19:27

Nunha entrevista este sábado na Radio Galega á avogada e colaboradora da Asociación Mulleres en Igualdade de Burela, Yolanda Borrás insistiu na falta de medios sobre todo persoais como son más axentes de seguridade e tamén de apoio psicolóxico ás vítimas. Explicou que o sistema de proteción VioXen, no que estaba incluída a última vítima de violencia machista en Galicia, veciña de Baiona,  "é un sistema de seguimento integral a estas mulleres que denuncian unha situación de maltrato que están a vivir e que en principio está funcionando ben, en termos xerais". "Pero -puntualiza- no momento en que se produce unha soa nova vítima mortal, entón xa deixa de funcionar ben". 

O sistema VioGén crea un plan de seguridade personalizado para cada vítima

Explica a letrada que o sistema aprecia os diferentes niveis de risco que pode estar a sufrir a muller segundo os datos que recolle o axente que recibe a denuncia a través dun formulario. "Cada muller é un caso diferente e este sistema pode determinar se ten un risco baixo, alto ou extremo. A partir de ahí_ engade Borrás_ créase un plan de seguridade personalizado para ela con control telefónico, telemático, cun seguimento dos seus fillos...".  

"O que ocorre", puntualiza a avogada especialista en violencia de xénero, "é que necesitamos máis medios persoais, máis axentes de policía ou garda civil para que esa muller se sinta segura se ve presencia policial próxima e para que tamén free o agresor se este ve que preto dela hai un policía".

"As vítimas non deberían baixar a garda e confiarse pasado o episodio de malos tratos".

Deste xeito tamén sería máis doado, na súa opinión, que se levasen a cabo de xeito efectivo ás ordes de afastamento. "A muller ao comezo extrema as medidas de seguridade, mirando cara a atrás, por exemplo, pero logo co tempo se confía e baixa a garda porque pensa que o que sufriu foi un episodio puntual". "Tamén hai outro factor importante que é o entorno que lle resta importancia ao sucedido e incluso lle invita a que perdoe ao seu agresor", por exemplo, dicíndolle que é o pai dos nenos. Nestes casos Yolanda Borrás aconsella manter a alerta e chamar ao 016 ante calquera dúbida ou situación alarmante.

Recoñece esta avogada que a situación que sofren estas mulleres é moi dura porque "viven sempre nun medo constante. Temen pola súa vida e sobre todo polos seus fillos que é o que mais lles doe. Están a vivir unha inxustiza que as está perseguindo". 

Por iso aos medios persoais, tamén habería que engadirlle na súa opinión máis xulgados específicos de violencia contra a muller naqueles lugares onde non os houber. Explica Borrás, que "moitas veces é un xulgado de instrución que se ocupa do caso e ese xuíz ou xuíza ten que atender tamén paralelamente un roubo, unha estafa ou un caso de alcoholemia,  e ese non é un entorno axeitado para solucionar este problema".

"Os adolescentes seguen a pensar na idea de posesión da muller".

Outro dos aspectos sobre os que traballar, _na súa opinión_ é a concienciación dos máis novos. "Son precisas novas campañas para a xuventude, porque os adolescentes son a sociedade do futuro", precisa a avogada. "E é moi soprendente que cando facemos un seguimento nos institutos con mozos de 15 e 16 anos, vemos como segue existindo entre eles a idea de posesión da muller. Hai que traballar con eles para cambiar estas ideas tan antigas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade