Activan o protocolo de violencia de xénero en Pontevedra para protexer unha moza agredida pola súa parella

Axentes da Policía Local atenderon e protexeron a muller, de 19 anos, ata a detención do suposto agresor, de 21
A Policía Local de Pontevedra activou o protocolo de violencia de xénero para protexer unha muller de 19 anos e o seu fillo de tres.
O home, de 21 anos, golpeuna mentres ela facía unha videochamada. As persoas coas que falaba confirmaron a agresión aos axentes. Cando se desprazaban ao domicilio, a muller puido pecharse co neno nun cuarto. O home fuxiu e horas despois foi detido.
A muller nunca denunciara os malos tratos que sufría malia que levaba cinco anos padecéndoos. A vítima explicoulles aos axentes que levaba cinco anos de relación co seu suposto agresor, que é o pai do seu fillo. Ela xa tomara hai unha semana a decisión de marchar de casa co neno. Admitiu que ata este momento nunca recorrera á policía nin presentara denuncia ningunha contra a súa parella.
A muller recibiu atención das súas feridas nun centro sanitario e activouse o protocolo de violencia de xénero para protexela a ela e o cativo.