Cargando resultados...
A Xunta habilita un punto informativo itinerante contra a violencia machista
A Xunta habilita un punto informativo itinerante contra a violencia machista
É unha das 300 actividades programadas para conmemorar o 25-N
G24.gal
16/11/2024 14:56
Última actualización 16/11/2024 15:16
A Xunta deseñou unha programación especial con trescentas actividades con motivo do 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Unha delas é punto informativo que percorrerá Galicia para sensibilizar a cidadanía e informar sobre as distintas formas nas que se manifesta a violencia machista.
Este sábado instalouse na Coruña e recibiu a visita da conselleira de Política Social e Igualdade. Fabiola García incidiu en que a violencia machista é un problema que atinxe a toda a poboación.