O derbi de Primeira Federación entre o Celta Fortuna e o Ourense xógase na G2
O derbi de Primeira Federación entre o Celta Fortuna e o Ourense xógase na G2
O derbi galego na Primeira Federación enfronta esta tarde en Vigo ás sete e media ao Celta Fortuna e o Ourense nun partido no que os dous equipos xóganse tres puntos moi importantes, xa que ambos están en postos de descenso. Os pupilos de Fredi Álvarez son conscientes desta situación, pero están tranquilos e co obxectivo claro da vitoria.
Pola súa banda, o Ourense C. F. chega a Balaídos co novo adestrador Pablo López, que xa estivo esta semana á fronte dos adestramentos.
Na xornada de mañá, o Arenteiro verase as caras co Amorebieta, ás doce do mediodía. O conxunto galego afronta o encontro co optimismo que lle dan os bos resultados e ca incógnita de saber como formulará o choque o novo técnico dos vascos.
Mentres, o Club Deportivo Lugo visita pola tarde, ás cinco, ao filial do Fútbol Club Barcelona. Os lucenses queren seguir ca súa boa serie, despois de sumar tres vitorias consecutivas. Aguantar nos primeiros trinta minutos a saída dos cataláns é fundamental para Lolo Escobar.
A unión dos xogadores lucenses será o principal obstáculo para ao Barcelona B.