Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo completa a semana perfecta coa vitoria no Toralín (0-1)

O Lugo completa a semana perfecta coa vitoria no Toralín (0-1)

Jon Cabo marca para completar o pleno de tres vitorias do cadro lugués que o lanzan cara á zona media da clasificación

G24.gal 23/03/2025 19:30

O Lugo completou a semana perfecta e acadou no campo da Ponferradina a terceira vitoria en sete días. Nove puntos que lle permiten afrontar con moita máis tranquilidade o que queda de Primeira Federación na que se meteran en serios problemas antes desta serie de encontros. Desde a defensa volveu a gañar o equipo de Seligrat que contou coa grande actuación do porteiro Pablo Cacharrón, con paradas decisivas sobre todo no primeiro tempo. 

En ataque destacou Jon Cabo. O xogador máis virtuoso do Lugo avisou no primeiro tempo e ao pouco de principiar o segundo marcou o gol que lle daría a vitoria. Despois tocou defender diante dun dos mellores equipos do grupo pero a Ponferradina non atopou o camiño da portería visitante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade