A achega estelar de Afriyie non impide a remonta do Barakaldo (3-2)
Dobrete do xogador de Ghana na súa primeira titularidade da temporada
O Barakaldo remontou no treito final, cando o Lugo xogaba con dez por expulsión de Yayo
O Lugo perdeu en Lasesarre diante do Barakaldo e cae a postos de descenso. Caeu malia a achega estelar do dianteiro de Ghana Jerry Afriyie que marcou dous goles no primeiro tempo. Despois tivo que ser substituído no minuto 60 de encontro castigado no aspecto físico.
Adiantárase o Barakaldo cun gol de Álex Valiño. Despois chegou a reacción dun Lugo que completou un gran primeiro tempo. Entre os dous goles de Afriyie o porteiro Cacharrón paroulle un penalti a Pablo Santiago.
Na segunda metade o Barakaldo entregouse sobre a portería de Cacharrón. Conseguiu empatar no 70 cun gol de Isuskiza en fóra de xogo. Na seguinte xogada o centrocampista lugués Yayo viu o cartón vermello. Con dez non conseguiu aguantar o marcador o equipo de Seligrat e Pablo Santiago marcou o definitivo 3-2 a catro minutos do final.