Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fortuna asalta Lasesarre e saca a cabeza do descenso

O Fortuna asalta Lasesarre e saca a cabeza do descenso

Antañón marcou o único gol do partido no minuto 60

G24.gal 23/03/2025 19:00

Necesitaba un partido destas características o Celta Fortuna. Conseguiu estar moi sólido en defensa nun dos campos máis difíciles da Primeira Federación, o do Barakaldo. Fredi cambiou de porteiro e meteu no equipo titular a Coke Carrillo. O pontevedrés completou un bo partido, ao igual que todo o seu equipo no aspecto defensivo. 

O partido non tivo demasiadas oportunidades. Os ataques do Fortuna levounos Fer López pero ao xogador vigués faltoulle tino cara a porta contraria nos seus lanzamentos. Agardou o equipo galego pola súa oportunidade e chegou no minuto 60 de partido. Unha xogada que iniciou o propio Fer, deulle continuidade Gavián cun gran centro e rematou Andrés Antañón. 

Rendibilizou á perfección ese tanto o Fortuna, evitou os achegamentos dun Barakaldo cada vez máis nervioso e acabou festexando un triunfo que os saca do pozo do descenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade