O Baxi Ferrol chega a Bélxica con 25 puntos de vantaxe sobre o Castors
O Baxi Ferrol chega a Bélxica con 25 puntos de vantaxe sobre o Castors
O encontro será ofrecido en directo ás 20:00 horas do xoves na G2 e en AGalega.gal
Un só partido separa ao Baxi Ferrol dos oitavos de final de Eurocup. Se a semana pasada tocaba na Malata, este xoves o equipo comparecerá no estadio Gaston Reiff, na localidade belga de Braine-l’Alleud, para xogar unha vez máis contra o Castors Braine, conxunto ao que vencían por 83-58 hai pouco menos dunha semana.
Esa avultada renda de puntos non era con todo motivo de relaxación no cuartel ferrolán.
Carlota Menéndez, que da mesma maneira, apuntaba que o “colchón” de puntos non as distraerá de facer “o que temos que facer”.
“Alí vai ser complicado, pola cancha e o equipo que son”.
“Teñen boas xogadoras, entón empezar coma se fose un 0-0, desde o principio apertando, correndo e defendendo”, declarou.
O encontro será ofrecido en directo ás 20:00 horas do xoves na G2 e en AGalega.gal