Cargando resultados...
O Baxi pasa como o mellor segundo e xogará contra o Braine de Bélxica
O Baxi pasa como o mellor segundo e xogará contra o Braine de Bélxica
Coa vitoria nos Azores completou unha magnífica primeira fase asinando cinco vitorias e só unha derrota
G24.gal
29/11/2024 09:27
O Baxi Ferrol gañou de malleira nos Azores e pecha a fase de grupos da Eurocup como o mellor segundo clasificado. As ferrolás non querían sorpresas e gañaron por un contudente 38 a 82 na pista do União Sportinga. No apartado anotador, Blanca Millán foi a máis destacada, con 16 puntos.
O Baxi pecha esta primeira fase con cinco vitorias e unha única derrota. Agora, no play-off, e como mellor segundas da competición, as de Lino López terán que enfrontarse ao Castor Braine de Bélxica, primeiro clasificado do grupo F.