Cargando resultados...
O Celta visita Cornellá disposto a facer máis profunda a ferida do rival
O Celta visita Cornellá disposto a facer máis profunda a ferida do rival
O conxunto do galego Manolo González está en descenso despois de perder os últimos catro partidos
G24.gal
29/11/2024 15:14
Este sábado volve a Liga para o Celta. O Celta visita Cornellá, a un Español en apuros. Pero lonxe de Balaídos está a gran conta pendente do equipo de Giráldez, que só logrou gañar como visitante no feudo das Palmas, naquel partido que acabou con nove xogadores.
En fronte, un Español en descenso, que acumula 4 derrotas consecutivas e que recibiu unha goleada en Xirona. O galego Manolo González xoga o seu posto no banco do Español. Máis aló dos problemas do rival Giráldez prefire centrarse no seu equipo.