Yeremay entra na lista, pero Gilsanz agarda para "coñecer as súas sensacións"
Yeremay entra na lista, pero Gilsanz agarda para "coñecer as súas sensacións"
O canario é a gran novidade para o partido deste sábado contra o Cádiz (18:30 horas)
Yeremay, ausente o pasado domingo diante do Éibar, entrou na lista para a viaxe do Deportivo a Cádiz onde xogará este sábado (18:30 horas) o partido desta xornada. Un encontro no que o adestrador quere contar con todo o seu talento en ataque á procura dun resultado que os afaste dos postos vermellos da clasificación. Arestora o Deportivo está unha praza por riba do descenso pero cos mesmos puntos de o Córdoba (17).
O Cádiz, un recentemente descendido, tampouco está moito mellor. Ten un punto máis que os coruñeses nun inicio de campionato decepcionante. Pero o equipo de Paco López está a reconducir a situación, sobre todo cando xoga no seu campo onde gañou os dous últimos partidos polo mesmo resultado (2-0 ao Oviedo e ao Córdoba).
Os números de Gilsanz non son malos (7 puntos de 12 posibles) pero a situación do equipo continúa a ser difícil. Diante do Cádiz haberá que ver si aposta por meter todo o arsenal ofensivo (Yeremay, Mella, Lucas, Soriano) ou si garda algunha peza para máis adiante e reforza a medular. O adestrador non quixo dar pistas sobre a presenza do canario no equipo titular. "Fixo un bo adestramento o mércores pero fíome máis das súas sensacións o mesmo día do partido", asegurou na rolda de prensa previa.
Tampouco notou un brillo especial en Lucas Pérez que volve ao club no que xogou xusto antes de regresar ao Deportivo baixando dúas categorías. Coa camisola do Cádiz o de Monelos xogou 31 partidos e marcou 8 goles.