Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mala xornada na Liga Feminina de baloncesto con tres derrotas

Mala xornada na Liga Feminina de baloncesto con tres derrotas

O Celta Zorka tivo a última xogada para forzar a prórroga contra o Gernika (54-57)

O Zaragoza levou o triunfo na pista do Ensino (66-75)

Un parcial de 21-0 de inicio acabou coas opcións do Baxi na pista do Cadí la Seu

G24.gal 13/02/2025 21:46 Última actualización 13/02/2025 22:19

Mala xornada para os tres equipos galegos da Liga Feminina de baloncesto. Todos os partidos con representación galega remataron con derrota. A que máis preto estivo de acadar o triunfo foi o Celta Femxa Zorka, que gozou dunha última xogada para forzar a prórroga ante o Gernika, pero non deu anotado unha tripla (54-57). O partido moveuse en diferenzas pequenas que favoreceron o Celta no primeiro tempo (32-25). No segundo, o Gernika colleu o mando do partido e pareceu sentenciar cunha vantaxe de trece puntos (38-51) que case enxugan as viguesas. 

O Ensino perdeu no Pazo contra o Zaragoza por 66-75. Diante do cuarto clasificado da Liga Feminina o equipo de Antonio Pernas completou un bo encontro pero foi superado no último cuarto. Comezara moi ben (20-8), pero a liña xeral foi a de igualdade. Ao descanso, a vantaxe era visitante por 42-46. Ao comezo do último cuarto, unha tripla do Ensino puxo o 59-60, pero un parcial de 0-9 encamiñou a vitoria do Zaragoza. As luguesas puxéronse a seis (66-72) e posesión, pero non acertaron co lanzamento que as podía deixar con opcións no último minuto. 

O Baxi Ferrol tivo un dos peores días da temporada e perdeu na pista do Cadí la Seu por 73-49. O partido comezou torcido para as ferrolás, cun parcial de 21-0, e tocoulles ir a remolque durante corenta minutos. Ao descanso perdían por un contundente 43-19. No terceiro cuarto chegou unha pequena reacción e puxéronse a catorce puntos (50-36), un espellismo, porque o equipo catalán acabou logrando unha vitoria contundente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade