Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol gaña na prórroga antes de afrontar o reto europeo

O Baxi Ferrol gaña na prórroga antes de afrontar o reto europeo

O equipo ferrolán gañoulle ao Jairis por 82-72

Tamén logrou o triunfo o Ensino na pista de Gran Canaria (62-63) e perdeu o Celta, que recibía o Avenida

G24.gal 16/02/2025 20:00

O Baxi Ferrol logrou o triunfo na Malata contra o Jairis (82-72) depois dunha prórroga. A tres minutos do final parecía ter o partido perdido pero conseguiu reaccionar o conxunto de Lino López e forzou o tempo suplementario (68-68). Neses cinco minutos foi moi superior ao seu rival. Da man de Melia (16 puntos) e Mataix sentenciaron cun parcial de 14-4. Un bo xeito de aparcar a Liga Feminina antes de afrontar o vindeiro xoves a ida dos cuartos de final da Eurocup contra o Sassari en terras italianas (20:30, coa G2 en directo).

Tamén gañou o Durán Maquinaria Ensino por 62-63 na pista do Gran Canaria e mete un triunfo de marxe cos postos de descenso. O equipo lugués foi por diante todo o partido pero a remonta canaria no derradeiro cuarto facía pensar nunha vitoria local. Aguantou o Ensino e cun tiro libre a poucos segundos do remate acadou a vitoria. 

A derrota na xornada foi para o Celta Femxa Zorka, que caeu en Navia contra o Perfumerías Avenida (63-76). O primeiro cuarto (10-34) marcou o desenvolvemento do partido porque o equipo de Salamanca xogou durante trinta minutos manexando esa vantaxe. Bo partido de Cooper e Sila para un Celta que gañou os outros tres cuartos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade