O lalinense Xoán Ledo frea o Frigoríficos do Morrazo
O porteiro galego do Logroño asinou un espectacular 43 % de paradas
Non puido traer nada positivo o Cangas Frigoríficos do Morrazo da pista do Logroño en boa parte pola grande actuación do porteiro lalinense Xoán Ledo. O galego freou os ataques do Cangas cunha espectacular porcentaxe de 43 % de paradas.
A igualdade mantívose ao longo do primeiro tempo. Co Logroño levando a iniciativa pero co Frigoríficos moi preto no marcador. Ao descanso chegouse cun 13-11. O segundo tempo comezou ben e os do Morrazo conseguiron empatar (15-15). Pero outra vez o conxunto local, apoiado no acerto de Andrej Pergel (8 goles) volveu a tomar o mando do partido e entrou nos últimos dez minutos cunha diferenza de cinco goles (25-20) que xa foi imposible de enxugar. Ao remate, intercambio de goles e vitoria local por 33-28.