O Coruxo desaproveita a inferioridade numérica do Torrelavega (0-0)
O equipo cantabro xogou con dez desde o minuto 15 e os últimos dez minutos quedou con nove despois de dúas expulsións
O Coruxo desaproveitou unha gran oportunidade para gañar no campo da Ximnástica de Torrelavega despois de xogar 65 contra dez e os últimos dez minutos do partido contra nove xogadores. O partido quedou marcado polas expulsións de Dani Gómez, por cartón vermello directo, e a de Unai. O equipo vigués tiña unha gran oportunidade para afundir a un rival directo pola permanencia.
Non foi un bo partido do equipo de David de Dios que levou o peso do partido pero non conseguiu xerar demasiadas oportunidades. A Ximnástica queixouse moito do colexiado do partido. Ademais das expulsións viu como lle anulaban un gol mediado o segundo tempo.