Lucas Pérez seguirá a súa carreira no PSV de Eindhoven
O dianteiro coruñés rescindira o contrato co Deportivo e estaba sen equipo desde o mes de xaneiro
Será a cuarta aventura estranxeira de Lucas que xa pasou por Ucraína, Grecia e Inglaterra
Lucas Pérez pasou o recoñecemento médico e xogará ata o final da temporada no PSV de Eindhoven. O histórico equipo neerlandés está loitando co Ajax polo título de liga e clasificouse para os oitavos de final da Liga de Campións, aínda que o coruñés non poderá ser inscrito nesta competición. Lucas rescindira o contrato no mes de xaneiro co Deportivo por "problemas familiares" segundo expresou o propio xogador na súa despedida.
Despois dun mes adestrando pola súa conta Lucas atopou un destino que ninguén agardaba. Será a cuarta aventura estranxeira de Lucas.que marchou para Ucraína con 22 anos para xogar no Karpaty. Chegou a pertencer ao Dinamo de Kiev, tamén ucraíno, pero acabou asinando no PAOK de Salónica en Grecia. Alí completou unha gran campaña antes da súa primeira etapa no Deportivo.
Logo foi asinado polo Arsenal que pagou 20 millóns de euros en 2016. Non lle foron tan ben as cousas en Londres e acabou cedido unha tempada no Deportivo e outra no West Ham. Agora, con 36 anos, afronta unha nova aventura nos Países Baixos.