Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Coruxo gáñalle a partida ao Bergantiños (0-1)

O Coruxo gáñalle a partida ao Bergantiños (0-1)

David Añón foi o goleador do conxunto visitante

Con esta vitoria, o equipo vigués adianta os bergantiñáns na clasificación

G24.gal 25/01/2025 20:13

O Coruxo conseguiu levar a vitoria das Eiroas nun enfrontamento directo por alonxarse da zona de descenso contra o Bergantiños. A primeira metade non gozou practicamente de ocasións. Ambos equipos achegáronse as áreas pero case sen perigo e os dous porteiros interviron de maneira axeitada nas poucas aproximacións. A mellor oportunidade destes primeiros 45 minutos tívoa o Bergantiños, que conseguiu perforar a portería visitante, pero o gol foi anulado por fóra de xogo.

Na segunda metade, os dous conxuntos optaron por un fútbol máis ofensivo e traduciuse nun maior número de ocasións. O Bergantiños tivo unha gran oportunidade nada máis comezar para  cun remate dende a banda esquerda que pasou moi préto do pau da portería dos vigueses. Sen embargo, sería o Coruxo o que se adiantaría no marcador despois de a Añón le caera un rexeitamento do gardameta local e, cun disparo potente ao primeiro pau, anotara o primeiro. Os locais tentaron empatar o encontro pero só contaron con perigo nun remate de cabeza que saíu centrado.

Con esta vitoria, o Coruxo adianta aos bergantiñáns e sae da zona de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos