Cargando resultados...
O Bergan non ergue a cabeza e perde en Avilés (3-0)
O Bergan non ergue a cabeza e perde en Avilés (3-0)
Kevin (2) e Natalio marcaron os goles
Segunda derrota seguida dos de Jorge Cuesta que só gañaron un partido dos seis últimos
G24.gal
19/01/2025 14:52
O Bergantiños continúa sumido nunha crise de resultados que o está achegando perigosamente á zona baixa da clasificación. Contra o Avilés decidiron os dous goles nos primeiros vinte minutos (Kevin e Natalio).
O equipo asturiano tamén chegaba nunha mala serie de resultados (cinco xornadas sen gañar) e o seu adestrador tomou o partido como unha final. Na segunda parte sentenciou Kevin co 3-0 definitivo.