O Coruxo e o Avilés asinan as táboas no Vao (2-2)
O Coruxo e o Avilés asinan as táboas no Vao (2-2)
Un gol de Santamaría de penalti impediu a vitoria dos locais
O conxunto galego entra en postos de playoff polo descenso
O Coruxo e o Avilés empataron a dous nun partido moi entretido disputado no Vao. Os visitantes adiantáronse moi axiña, no minuto 4 de encontro, grazas a un centro raso dende a banda que entre Santamaría e o defensa do conxunto vigués encargáronse de enviar ao fondo da rede. Con todo, o equipo local conseguiría reaccionar e sería Nacho Fariña o que poñería as táboas no marcador despois dunha gran xogada dentro da área que culminaría cun zurdazo ao primeiro pau.
Na segunda metade, o Coruxo conseguiría remontar o partido por medio dunha xogada ensaiada de falta que remataría Ratiu para facer o segundo gol dos galegos. Cando os locais estaban por celebrar xa a vitoria, un penalti transformado por Santamaría a falta de pouco máis de 10 minutos para o final impediríalles levar os tres puntos. Deste xeito, o Coruxo e o Avilés asinan o repartimento de punto no partido disputado no Vao.