Publicador de contidos
Publicador de contidos

Willy rescata un punto na barreira de Astillero (1-1)

Willy rescata un punto na barreira de Astillero (1-1)

O Coruxo empate diante do Raio Cantabria grazas ao cuarto gol do centrocampista leonés

G24.gal 15/12/2024 11:01

Nun enlamado campo do Astillero o Coruxo conseguiu rabuñar un punto diante do Raio Cantabria. Marcou Willy, o máximo goleador do conxunto vigués, ao comezo do segundo tempo o gol da igualada. 

No primeiro tempo adiantouse o equipo local cun gol de Íñigo López aos dez minutos. Non estivo ben un Coruxo no que foi o propio Willy o que tivo a única opción para marcar o empate. Na segunda metade cambiou a dinámica do partido e froito diso empatou o medio leonés. 

Co campo case impracticable o Raio Cantabria botouse arriba pero o Coruxo tiña a lección aprendida e agarrou un punto co que mantén a raia o descenso directo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos