Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Coruxo vence a un Fabril condicionado polas baixas (0-1)

O Coruxo vence a un Fabril condicionado polas baixas (0-1)

As baixas no conxunto de Manuel Pablo fixéronse notar en Abegondo

Un gol de Diabaté coa punteira deulle a vitoria ao equipo pontevedrés

G24.gal 17/11/2024 19:24

O Coruxo impúxose ao Deportivo Fabril nun partido con poucas ocasións e dominado polos de David de Ríos. Binke Diabaté foi o encargado de romper as táboas no marcador cun bo remate ao primeiro pau dende dentro da área despois dunha xogada individual de Nacho Fariña.

O Fabril tivo oportunidades para meterse no partido e puntuar, sobre todo na recta final, pero non estivo acertado na porta. Nos últimos intres, unha agarrada entre Luisão e Alejandro Pérez provocou a expulsión de ambos os xogadores.

Deste xeito, o Coruxo consegue saír dos postos de descenso directo e colle algo de aire na súa pelexa por manter a categoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar