Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Compostela comeza a sacar a cabeza do pozo (1-0)

O Compostela comeza a sacar a cabeza do pozo (1-0)

Derrotou no derbi o Coruxo grazas a un gol de Santi de Prado

G24.gal 03/11/2024 19:01

O Compostela comeza a sacar a cabeza dos postos de descenso. Gañou por 1-0 diante do Coruxo no derbi galego, sumou a terceira xornada sen encaixar goles e suma 7 dos últimos 9 puntos. Bos números para un equipo que non terá a partir de agora a esixencia de xogar mércores-domingo. 

O equipo santiagués gañou grazas a un gol de Santi de Prado á media hora do primeiro tempo. Non houbo demasiadas ocasións ata que os dous equipos se soltaron nos últimos vinte minutos. O Coruxo tivo boas ocasións, da man de David Añón, pero atopou un Rabanillo moi inspirado. O Compostela tamén puido marcar o segundo pero Manu Barreiro non estivo atinado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar