Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Compostela devece pola Copa Federación (hoxe mércores, 20:00, G2 e AGalega.gal)

O Compostela devece pola Copa Federación (hoxe mércores, 20:00, G2 e AGalega.gal)

Xoga diante do Estremadura en Almendralexo

Pode gañar un título estatal e unha importante cantidade económica (90.000 euros)

Carlos Cinta coñece moi ben o rival: "As finais non se xogan, gáñanse"

SD Compostela
G24.gal 12/11/2024 11:39 Última actualización 13/11/2024 16:37

O Compostela afronta este mércores a final da Copa Federación. Xogará en Almendralexo diante do Estremadura, outro histórico do fútbol español que desapareceu en 2022 e tenta rexurdir das súas cinzas. En dúas temporadas colocouse na Terceira Federación e ten un equipo de primeiro nivel para acadar o ascenso á 2RFEF. O partido poderá verse en directo na G2 a partir das 20:00 horas. 

O equipo santiagués pasa por un bo momento despois de sumar 10 dos últimos 12 puntos no campionato ligueiro e saír dos postos de descenso. O problema de chegar tan lonxe na Copa RFEF (xogar mércores e domingo durante case dous meses) pasou factura na Liga pero, reconducida a situación, agradecen estar nesta gran final na que ademais dun título oficial poden conseguir unha importante cifra económica para o club. 

O pacense Carlos Cinta marcou o gol que puxo o Compostela nesta final.

"As finais non se xogan, gáñanse. A ver se volvemos co título".

"Xogadores que actuaron en categoría superior. Bo equipo que opta a subir este ano".

"Almendralexo é futboleiro pero dá igual o factor campo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar