Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Compos xogará ante o Estremadura a final da Copa Federación, en directo pola G2

O Compos xogará ante o Estremadura a final da Copa Federación, en directo pola G2

A final será a partido único no campo do equipo estremeño o 13 de novembro

SD Compostela
G24.gal 07/11/2024 13:05 Última actualización 07/11/2024 17:15

O Estremadura derrotou este mércores por 1-0 ao Las Rozas e o próximo 13 de novembro xogará contra o Compostela a final de Copa Federación.

Un solitario gol de Juanmi Canellón no minuto 49, ao aproveitar un balón morto na área do cadro madrileño, deu a vitoria ao equipo de Almendralexo (Badaxoz) no Estadio Francisco da Hera.

O pasado 16 de outubro o Compostela converteuse no primeiro finalista tras derrotar por 3-2 ao Poblense grazas a un tanto de Carlos Cinta no minuto 88 dun partido igualado.

A final será a partido único no campo do equipo estremeño e poderá seguirse en directo pola G2 e en AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar