Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ristic recibe a alta nun Celta que pensa en asaltar o Bernabeu

Ristic recibe a alta nun Celta que pensa en asaltar o Bernabeu

Os de Giráldez terán un gran reto coa visita ao Real Madrid na Copa

G24.gal 13/01/2025 15:49

A boa nova do luns para o Celta foi a alta que recibiu o lateral Ristic. O xogador zurdo mancouse no partido do Sánchez Pizjuán e desde que comezou o campionato só puido participar en catro encontros de Liga. 

Semella moi cedo para que poida xogar o xoves no Santiago Bernabeu diante do Real Madrid. O equipo branco chegará moi ferido á cita copeira despois de ser humillado polo Barcelona na final da Supercopa xogada en Arabia (5-2). 

O Celta amosou esta temporada unha gran faciana diante dos tres grandes. Contra o Atlético, o Barcelona e o Real Madrid a imaxe foi moi boa, claro que os tres partidos se xogaron en Balaídos onde o conxunto vigués amosa a súa mellor versión. Agora tocaralle dar o mesmo rendemento pero como visitante nunha eliminatoria a vida ou morte contra o Real Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar