Falece aos 92 anos Álvaro Rodríguez Eiras, fundador do grupo Aresa
Falece aos 92 anos Álvaro Rodríguez Eiras, fundador do grupo Aresa
Foi o primeiro presidente da Confederación de Empresarios de Galicia
O presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, faleceu aos 92 anos. Este empresario natural do concello lugués de Meira fundou a compañía especializada en fertilizantes e produtos agrícola hai máis de 50 anos.
Foi o primeiro presidente da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e da de Galicia (CEG). Puxo en marcha, no ano 2000, o Premio Aresa para recoñecer a aqueles proxectos empresariais e institucionais que promoven a mellora do rural.
Nun comunicado, a Deputación de Lugo mostra a súa pesar pola morte de Rodríguez Eiras, quen aos seus 92 anos continuaba á fronte dunha firma que "é unha referencia na fabricación, asesoramento e venda de subministracións agrícolas". O presidente da Deputación, José Tomé, enviou as súas condolencias ao grupo Aresa, familia e amigos.
O funeral celebrarase este martes na igrexa lucense de Santiago A Nova ás 17:00 horas.