Comezan nos Estados Unidos os actos de despedida ao expresidente Jimmy Carter
Comezan nos Estados Unidos os actos de despedida ao expresidente Jimmy Carter
O ex mandatario faleceu o pasado domingo aos 100 anos e os cidadáns poderán visitar desde este sábado a súa capela ardente en Atlanta
As homenaxes rematan cos funerais de Estado no Capitolio en Washington o 9 de xaneiro
E nos Estados Unidos comeza este sábado a despedida do expresidente Jimmy Carter, falecido o domingo pasado aos 100 anos. Os membros da súa escolta do Servizo Secreto cargaron os seus restos mortais para conducilos pola súa localidade natal de Plains, no estado de Georgia, para posteriormente levalos ata Atlanta, onde os cidadáns poderán visitar a súa capela ardente.
As homenaxes a Carter, cualificado xa como o mellor expresidente que tiveron os Estados Unidos, son múltiples e rematarán coas honras fúnebres de Estado no Capitolio en Washington o 9 de xaneiro, nunha xornada que o presidente Biden declarou como "Día de loito nos Estados Unidos".