Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o expresidente dos Estados Unidos Jimmy Carter aos 100 anos

Falece o expresidente dos Estados Unidos Jimmy Carter aos 100 anos

Atopábase no seu fogar en coidados paliativos tras recibir tratamento por un cancro de pel

Carter nunha entrevista no Cairo no 2012. REUTERS/Amr Abdallah Dalsh/File Photo
G24.gal 29/12/2024 22:25 Última actualización 30/12/2024 09:18

O expresidente dos Estados Unidos Jimmy Carter e gañador do Premio Nobel da Paz no ano 2002, morreu este domingo aos 100 anos.

Jimmy Carter atopbáse no seu fogar de Plains, Xeorxia, rodeado da súa familia, segundo confirmou o Centro Carter nun comunicado e tamén na rede social X.

Carter, o presidente número 39 de EUA, elexido en 1976, estaba no seu fogar en coidados paliativos pero aínda votou nas eleccións do pasado mes de novembro.  O expresidente estaba en paliativos tras recibir tratamento por unha forma agresiva de cancro de pel tipo melanoma, con tumores que se estenderon ao fígado e ao cerebro.

“O meu pai foi un heroe, non só para min senón para todos os que cren na paz, os dereitos humanos e o amor desinteresado”, dixo no comunicado Chip Carter, o fillo do expresidente.

"Os meus irmáns, a miña irmá e eu compartímolo co resto do mundo a través destas crenzas comúns. O mundo é a nosa familia pola forma en que uniu ás persoas, e agradecémoslle por honrar a súa memoria ao continuar vivindo estas crenzas compartidas”, sinalou ademais en nome da súa familia.

Hai pouco máis dun ano xa morrera Rosalyn, a súa esposa durante 77 anos, e coa que seguiu facendo obras de voluntariado ata case o final da vida.  

Biden referiuse a Carter como un amigo querido e destacou a súa decencia. E o presidente electo, Donal Trump, dixo que o país ten unha débeda de gratitude con el.

Segundo informa o Centro Carter, haberá cerimonias públicas en Atlanta e Washington D.C., seguidas dun enterro privado en Xeorxia. A Casa Branca anunciou o funeral de Estado para o 9 de xaneiro e declarou a xornada Día Nacional de Loito en todo o país.

O Centro Carter tamén abriu en liña o libro oficial de condolencias da familia Carter e informa de que na páxina irán informando puntualmente da cerimonia na web: JimmyCarterTribute.org 

A Jimmy Carter sobrevívenlle os seus fillos Jack, Chip, Jeff e Amy; 11 netos e 14 bisnietos. A súa esposa, Rosalynn, morreu hai un ano.

En 2023 Carter ingresou a coidados paliativos, optando por renunciar a máis tratamentos para prolongar a súa vida e mantívose no seu fogar de Plains, desde onde a súa familia mantiña ao tanto ao público da súa condición de saúde.

A familia pediu que en lugar de flores envíense donativos ao Centro Carter.

Nas redes sociais, institucións e mandatarios de todo do mundo están a expresar as súas condolencias á familia. Un dos primeiros foi Bill Clinton, quen publicou tamén unha foto de eles dous xuntos.

Tamén axiña publicou na rede social X o Empire State Building unha foto en un texto que di: "Esta noite brillaremos en vermello, branco e azul para honrar a vida e o legado do presidente Jimmy Carter".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade