Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre o tirador que asasinou polo menos a doce persoas en Montenegro

Morre o tirador que asasinou polo menos a doce persoas en Montenegro

Horas máis tarde, os axentes localizaron o tirador con feridas na cabeza tras un aparente intento de suicidio, e faleceu pouco despois no hospital ao que foi trasladado

Axentes de policía no tiroteo en Montenegro (Fonte: Reuters) Axentes de policía no tiroteo en Montenegro (Fonte: Reuters)
G24.gal 02/01/2025 09:54 Última actualización 02/01/2025 12:54

O tirador que matou en Montenegro polo menos 12 persoas, entre elas dous nenos, e deixou outras catro en estado grave, foi achado con feridas na cabeza nun aparente intento de suicidio e morreu pouco despois nun hospital, segundo informou o Ministerio do Interior.

O suceso tivo lugar este mércores en Cetinje, a uns 30 quilómetros ao noroeste da capital, Podgorica.

O tirador, identificado como Aco Martinovic, abriu fogo despois dunha disputa nunha taberna e cometeu máis homicidios noutros tres lugares da cidade.

Segundo o ministro do Interior, Danilo Saranovic, o tirador matou polo menos a 12 persoas, mentres que algúns medios montenegrinos o corfirmarían: sete homes, tres mulleres e dous menores.

Entre as vítimas están membros da familia e os fillos do propietario da taberna, quen tamén faleceu, así como algúns familiares do propio tirador, segundo Saranovic.

A televisión pública RTCG sinala que Martinović tiña un comportamento errático e xa fora detido anteriormente por posesión ilegal de armas.

Tras o crime, a policía lanzou unha grande operación para capturar o sospeitoso que fuxira e estaba armado cunha pistola.

O primeiro ministro, Milojko Spajic, anunciou que o Goberno decidiu declarar tres días de duelo nacional e declarou que propoñerá unha prohibición total da posesión de armas por parte de civís para evitar futuras traxedias similares.

En Montenegro, os tiroteos masivos son pouco frecuentes. Con todo, en 2022, 11 persoas, incluídos dous nenos, morreron noutro incidente con armas de fogo.

A pesar das estritas leis de posesión de armas, nos Balcáns Occidentais circulan numerosas armas ilegais provenientes, en parte, das guerras de desintegración da antiga Iugoslavia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade