Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tiroteo nunha escola de Wisconsin deixa polo menos tres mortos e seis feridos

Un tiroteo nunha escola de Wisconsin deixa polo menos tres mortos e seis feridos

O suposto agresor é un mozo que se suicidou no lugar

G24.gal 16/12/2024 21:13

Polo menos tres persoas morreron nun tiroteo rexistrado nunha escola en Wisconsin, nos Estados Unidos. Entre os falecidos, está o sospeitoso de ser o agresor.

O suceso deixa ademais seis persoas feridas.

O xefe da Policía dixo nunha conferencia de prensa que os policías enviados á escola "nunca usaron as súas armas", senón que atoparon o sospeitoso, presuntamente un estudante do centro, xa falecido alí, dando a entender que se suicidou.

"Síntome consternado. Tan preto do Nadal, cada neno e cada persoa nese edificio é unha vítima e será unha vítima sempre. Este tipo de trauma simplemente non se vai e necesitamos descubrir e entender que ocorreu exactamente", lamentou o xefe policial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade